Dende a praza do Concello de Trives partían ás 8:30h. da mañá deste domingo 28 de xullo os participantes na LI Andaina da Festa da Bica, cun percorrido duns 15 km e un desnivel de 867 m que remataba na estación de Cabeza de Manzaneda. Ademais de andaríns, entre os participantes tamén había que facía o percorrido a cabalo.
Entre os asistentes, había tamén persoas chegadas dende O Barco, entre elas o atleta veterano Francisco Bao que nesta cita sumaba a súa 722 proba deportiva.
Fotos cedidas.

