A Rúa Vella quenta motores para as Festas de San Roque 2024, cuxo programa organizado novamente pola Asociación Cultural Sabugueiro será completo con actividades para toda a familia, dende o mércores 14 e ata o luns 18 de agosto na Rúa Vella.
Aínda que xa haberá cousas o martes, o primeiro acto especial será o mércores día 14 co teatro a cargo de A Ruada que subirá ao escenario ás 22:30 horas coa obra O Anel Máxico. O xoves haberá teatro ao aire libre e para o venres 16 de agosto está prevista a III edición de “Got Talent” o concurso de talentos da zona que amosarán o seu arte sobre o escenario a partir das 22:30 horas. O venres será tamén o día no que, despois da novena e misa, se traslade a imaxe de San Roque dende a capela ata a igrexa de Santo Estevo.
E xa en plena fin de semana, o sábado 17 de agosto xogarase o campionato de tute por parellas ás 16:30 horas na praza César Conti. O mesmo espazo do que ás 19:30 horas sairán os participantes na XLII edición da Volta Ecolóxica con percorrido pola Rúa Vella ata o campo de San Roque. Nese punto haberá unha sesión guateque con Danzalia a partir das 21 horas. E xa de madrugada (00:30 horas) actuará o grupo Mazzu & The Rockkens.
O domingo día 18 de agosto arrincará co pasarrúas de Abertal. Ás 12 horas será a misa na igrexa seguida da procesión coa que se trasladará a imaxe ata a súa capela, no campo de nome homónimo. Ese día o baile correrá por conta do Grupo Alcázar que actuará en sesión de tarde e verbena. O fin de festa será a cargo de Danzalia. Coma sempre as festas da Rúa Vella continuarán o luns 19 de agosto. Ás 11:30 horas celebrarase unha misa campestre no exterior da capela de. O luns é tamén no día dos nenos coa festa da agua coa que se divertirán a partir das 17 horas. E xa a partir das 20 horas celebrarase no campo de San Roque o partido de fútbol popular de solteiras contra casadas cun final de festa por todo o alto con paella para os asistentes.






