ConcellosO BarcoÚltima hora

Comeza a instalación de elementos na ampliación do parque infantil do Malecón do Barco

Completarase cunha tirolina de 22 m de longo, segundo informa o Concello

 

A empresa MyParque vén de comezar esta semana os traballos de instalación dos elementos para a ampliación do Parque Infantil do Paseo do Malecón, adxudicado en algo máis de 93.000 euros. As obras, que terán que estar rematadas ao longo do mes de agosto, consistirán na ampliación do parque infantil actual, situado no Malecón, preto da explanada da festa, con novos elementos que se ubicarán no espazo antes ocupado polo skate.

Os novos elementos inclúen tubos, tobogáns e diferentes xogos. O chan será acolchado, como o que xa está instalado nas inmediacións. O parque actual será reparado, e se engadirán algúns elementos novos para substituír a parte dos actuais.

Ademais, na mesma zona instalarase unha tirolina de 22 metros de longo para completar as novas instalacións infantís. A tirolina, que non se inclúe dentro do orzamento de adxudicación da ampliación do parque, suporá unha inversión de case que 13.000 euros, e instalarase ao mesmo tempo que o novo parque.

Fotos cedidas.

Back to top button