Dende o 29 de xullo está a celebrarse o Campionto de fútbol sala “Vila de Manzaneda”, no polideportivo municipal. Nel participan un total de 11 equipos estruturados en tres grupos. Así no grupo A están Carpazo F.S., Coquetos F.C., Inter Ribeira Sacra e Curvi; mentres que no B figuran Estaba de Bares, Examigos de Roi, Tandy e Rayo Vianés F.S. Finalmente, no grupo C compiten Nothingam Miedo, Sunlife F.S. e Río Mola. A competición rematará o 4 de agosto.
Fotos cedidas.