Os meles de ata sete produtores podían catarse e mercarse na XXXIII Mostra do Mel de Quiroga, que se celebraba na mañá deste sábado 10 de agosto. O seu recinto feiral instalábase na rúa Real, coincidindo coa celebración da feira e mercado do mes.
Numerosas persoas, tanto da comarca de Quiroga como de fóra, percorrían os expositores onde tamén podían adquirirse outros produtos apícolas. Ademais, como vén sendo costume, tamén había postos doutros artigos propios de Quiroga como son os aceites, os licores ou as marmeladas.
Non faltaba a animación musical a cargo do grupo de gaitas O Recanto, así como a sesión vermú con Somoza Trío.
Fotos: Concello de Quiroga.