ConcellosO BarcoÚltima hora

A Proba (O Barco), en festas

 

A localidade barquense da Proba está a celebrar nestes días a festa de Nosa Señora da Asunción. Os actos comezaban o 14 de agosto cunha exposición de fotos antigas na praza, tamén tiña lugar unha festa da escuma e baile e verbena pola tardiña e a noite con Discomóbil Danzalia.

Xa o xoves día 15 ás 13h. saía a procesión coa imaxe de Nosa Señora da Asunción, seguida da misa e dunha sesión vermú a cargo de Discomóvil Danzalia, que tamén soaba á tardiña e na verbena.

Para este venres está prevista unha sesión vermú a cargo do grupo Galán, que tamén actuará ás 21h. e na verbena.

Fotos cedidas.

Back to top button