Ata terras asturianas desprazábanse a primeiros de agosto cinco membros do Club Natación Valdeorras para tomar a saída no LXVI Descenso a Nado da Ría de Navia. Trátase dunha proba internacional de augas abertas de 5 kms, que nesta edición contaba con 1.066 nadadores, cifra coa que a cita batía o seu récord histórico de participantes.
Os representantes do Club Natación Valdeorras neste descenso eran Jessica, Amparo, Jorge, Andrés e Eloy.
Fotos cedidas.
