CulturaCulturaÚltima hora

Os materiais reciclados fanse escultura na mostra “Duarte Pazo da Pena”, en Manzaneda

Os artistas David Palomar e Joaquim Riera expoñen as súas obras ata o 30 de agosto neste establecemento

 

Ata o vindeiro 30 de agosto poderá visitarse no Pazo da Pena, en Rozavales (Manzaneda), a exposición “Duarte Pazo da Pena, que reúne unha serie de esculturas realizadas con materiais reciclados e madeira. Son obra dos  artistas David Palomar, que reside en Paradela hai máis de 6 anos, e de Joaquim Riera, con segunda residencia en Manzaneda.

Esta mostra, que se inauguraba na tarde do 17 de agosto, “traslada un sentimento de apoio á loita contra o despoboamento rural co valor do fortalecemento e unión da poboación, de establecementos, artistas e da entidade local na identidade da nosa cultura”, destacan dende o Concello de Manzaneda.

 

 

Os artistas que participan nela pretenden levar á arte ao rural, onde non é habitual poder achegarse a unha mostra de escultura contemporánea. Ademais agradecen a colaboración do Pazo da Pena, do Concello e tamén das empresas que aportaron os seus produtos na petiscada da inauguración como foron Cooperativa Amarelante e Daterra Viticultores.

Fotos Joaquim Riera.

 

 

 

 

Back to top button