SanidadeÚltima hora

Actuación de María do Ceo para pacientes do Hospital Universitario de Ourense

Esta iniciativa solidaria, coordinada pola área sanitaria ourensá, ten sido posible grazas á colaboración de Asociacion Música en vena e á Fundación Luckia

 

A artista María do Ceo vén actuar este luns 19 de agosto no Hospital Universitario de Ourense grazas á colaboración de Asociacion Música en vena e a Fundación Luckia. A actuación que comezaba ás 11 da mañá e estaba dirixida aos pacientes ingresados na unidade de diálise e, a partir das 12 era para os pacientes e familiares da unidade de hospitalización de oncoloxía.

Está actividade de humanización hospitalaria, coordinada polo Servizo de Atención ao paciente da Área Sanitaria de Ourense, é posible grazas á implicación e colaboración da Asociacion Nacional Música en Vena e a Fundación Luckia co obxcetivo de mellorar a estancia hospitalaria dos pacientes e fomentar a humanización da atención sociosanitaria a través da música.

 

 

“Música en vena”é unha asociación sen ánimo de lucro dedicada transformar en alivio o sufrimento das persoas nos hospitais a través da música en directo. A súa vocación é “a de contribuír a mellorar a sociedade a través da música: impulsar a súa función como ferramenta de acción social, crear novas audiencias, novos espazos e circuítos, así como xerar oportunidades de actividade e futuro emprego para os músicos”.

A artista María do Ceo, de orixe portuguesa, pero afincada na cidade de Ourense desde os dez anos, é unha fadista de recoñecido prestixio internacional capaz de mesturar a melancolía desta musica portuguesa coa dozura do acento galego.

Fotos cedidas.

Back to top button