DeportesEn portadaPiraguismoÚltima hora

O valdeorrés Adrián Prada gana a Copa España de Maratón en K-2 sénior e clasifícase para o mundial

Este padexeiro do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro competía a pasada fin de semana en Pontevedra compartindo barco con Joaquín Iglesias

 

Novo triundo nunha excelente tempada para o piragüista valdeorrés Adrián Prada Pérez, que compite co Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro. Unha vitoria que ademais dalle o paso para o mundial de maratón en categoría sénior, tal e como se confirma dende este club. Este padexeiro vencía en K-2 sénior, xunto ao seu compañeiro Joaquín Iglesias, o 17 de agosto na Copa España de Maratón, que se celebraba en Pontesampaio (Pontevedra).

Completaban o percorrido de 29.800 m, e con ata 7 porteos, nun tempo de 01:44:25,71, facéndose claramente co título da proba. Os segundos clasificados eran Asley Rodríguez e Abel García (Sociedad Cultura y Deportiva Ribasella) cun rexistro de 01:45:09,53; mentres que en terceira posición entraban Spas Dimitrov e Sergio Pereda (Club Deportivo Amigos del Remo).

 

 

Ademais, con esta vitoria o K-2 o Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro confirma que o valdeorrés logra a praza que quedaba en nesta categoría para o mundial de maratón (a outra praza é dos asturianos Plaza e Llorens polo bronce conseguido no europeo), que se vai celebrar en Metkovic (Croacia) do 17 o 22 de setembro.

Fotos: loispradaf.

Back to top button