Pasadas as sete e media da tarde deste 20 de agosto producíase un accidente de tráfico na estrada N-120 ao seu paso pola Proba (O Barco). En concreto tiña lugar no carril de incorporación á N-120 dende a comarcal que sae do Barco, nas proximidades da rotonda do Gadis.
No sinistro víanse implicados un coche e unha moto. Como consecuencia do accidente, resultaba ferido o condutor da moto.

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato o 061-Urxencias Sanitarias con 2 ambulancias, o GES Valdeorras, a Policía Local e a Garda Civil de Tráfico, que se encargaba de regular a circulación na estrada.