ConcellosO BarcoÚltima hora

Cortado por obras un tramo da N-536 no Barco, entre a rotonda da Proba e a do polígono

 

Neste mércores 21 de agosto estará cortado un tramo da N-534, no Barco, por mor das obras de mellora que está a facer Conservación de Estradas do Estado para eliminar filtracións de agua, tal e como informa o Concello do Barco a través da comunicación recibida polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.

“As obras estanse a realizar na zona baixo a vía do tren en A Proba, polo que está pechado o tramo comprendido entre a rotonda situada na entrada da Proba e a rotonda que da acceso ao Parque Empresarial. O corte está perfectamente señalizado por Conservación de Estradas, e o tráfico estase a desviar polas rúas Río Miño e Río Galir, en dirección a A Rúa, e pola N-120, en dirección a O Barco. Esperase que as obras queden finalizadas hoxe pola mañá”, tal e como se indica dende o Concello do Barco.

Fotos: Mónica G. Bellver

Back to top button