CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O Concerto de Verán do Orfeón Trivés enche o Auditorio Julio Vázquez da vila

A formación trivesa estaba acompañada nesta actuación pola Coral El Bierzo Canta de Ponferrada

 

“Para nós é unha gran honra e un gran pracer poder cantar na nosa terra e ver a tantísima xente”, dicía a directora do Orfeón Trivés, Sandra González, durante o Concerto de Verán que esta formación ofrecía esta tarde de 23 de agosto, acompañada pola Coral El Bierzo Canta de Ponferrada. Unha actuación que enchía o Auditorio Julio Vázquez de Trives.

 

 

A primeira en subirse ao escenario era a coral convidada, dirixida por Manuel Alejandre Prada, que interpretaba “Peregrino de la Noche” (F. Jaroff), as habaneras “Bello ángel mío” ( Luis Olano Arias) e “Una lágrima” (Rey Rivero), “Nerea izango zen” (J.A. Artze-Mikel Laboa), “Velai vai” (popular galega) e “Gobbo so pare” (tarantela popular italiana).

 

 

 

Despois, era a quenda do Orfeón Trivés, cuxo repertorio estaba formado polas seguintes pezas: “Ruada de Chamosa” (harmonización de Julio Domínguez), a habaneras “Torrevieja” (R. Lafuente Aguado), “Te quiero” ( de Mario Benedetti con música de Aloberto Favero e harmonización de Lilia Cagiano), “Popurri galego”, “Negra sombra” (Juan Montes-poema de Rosalía de Castro) e “No niño novo do vento” (Música Luis Emilio Batallán e letra de Álvaro Cunqueiro).

 

 

 

Fotos: cedidas e O SIL.

Back to top button