San Vicente de Leira (Vilamartín) era o destino dos participantes na andaina do I Memorial Luis Nogueira, que partían ás 9:30h. deste sábado 24 de agosto dende Vilamartín. Unhas 140 persoas (entre elas o atleta veterano Paco Bao, que sumaba a súa proba número 726) inscribíanse nesta actividade, duns 9 km, que seguía o traxecto da ruta da Loba da Fada.

Unha vez en San Vicente de Leira, localidade natal do atleta Luis Nogueira, descubríase unha placa co seu nome, que a partir de agora levará unha da rúas deste núcleo. Tamén se descubría unha escultura de Xelo de Tremiña coa colaboración de Pablo Deramond. No acto tamén poñía o apartado musical o actor e músico Paco Campos e novamente interviña un representante da familia.
O programa deste I Memorial Luis Nogueira finalizaban cun xantar popular.
Fotos cedidas.
