CulturaCulturaÚltima hora

O teatro e a danza toman o Mosteiro de Santa Cristina (Parada de Sil) con “Od(i)osa”

 

O Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil acollía na tardiña do 25 de agosto o espectáculo “Od(i)osa”, da compañía Proxecto Morriña.  “Od(i)osa” é un teatro-danza da compañía Proxecto Morriña que rescata da memoria galega, máis concretamente do ano 1989, a folga que ocorreu na Illa de Arousa, na conserveira Odosa. Unha loita que as propias traballadoras, sen apoios de ninguén máis, emprenderon para reclamar os seus dereitos laborais. “Od(i)osa volve traer á vida esta historia coa que lle falamos directamente ao público”, aseguran dende a compañía.

A peza está dirixida por Noelia Nuño, estudante da Esad e escritora; e por Claudia Darriba, coreógrafa, ademais de fundadora da compañía. As actrices que encarnan esta historia son: Rosalía Alonso, Irene Rodriguez e Maruxa Gemperle.

 

 

“Diante dun público numeroso e entusiasta tivo lugar a representación desta obra q ue ten que ver coa memoria e a loita das mulleres, e polo tanto coa historia des país, ainda que esta vez a memoria sexa de feitos relativamente recentes, pero pouco coñecidos para o gran público”, comenta o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, que adianta que o Concello “seguirá apostando pola cultura” e xa pensa nos dous concerto de setembro baixo a denominación de Diálogo musical na Ribeira Sacra.

Fotos cedidas.

 

 

 

Back to top button