ConcellosO BarcoÚltima hora

Un mural no pavillón vello do Barco chamará a atención sobre a situación climática do planeta

Recreación do mural no exterior do pavillón vello do Barco./ Fonte: Concello do Barco.

 

“Malpegados” é o nome do artista que está a elaborar un mural no exterior do pavillón de deportes situado na rúa España do Barco. “Trátase dun mural realizado a iniciativa do Fondo Galego de Cooperación, que decidiu pór en marcha esta iniciativa para chamar a atención sobre a situación climática do planeta. Só catro concellos de Galicia foron elixidos para este proxecto, un deles O Barco”, segundo informa o Concello.

O mural comezou este domingo, e está previsto que remate hoxe pola tarde. Según indica o propio autor, o mural do Barco “é unha representación visual do posible futuro do noso planeta se non se adoptan as medidas necesarias para preservar a nosa contorna”. “O mural”, continúa o artista, “narra a historia simbólica a través de diferentes elementos, desde animais que personifican a vitalidade da vida, ata corais que reflexan a tráxica realidade dos mares contaminados. No centro, un lago seco serve como testemuña da seca e, no seu entorno, unha casa na zona afectada resalta a conexión directa entre as nosas accións e a contorna da que habitamos”.

O mural convida a reflexionar sobre a responsabilidade colectiva, e preservar e protexer a terra. Cada trazo, cada detalle “está imbuído coa urxencia da acción, coa esperanza de que sirve coma un recordatorio de que as nosas eleccións individuais teñen un impacto colectivo”, continúa o autor.

Back to top button