CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Ao son do blues con Alber Solo, no Terrasón do Barco

As pistas deportivas do Malecón do Barco acollían na noite do 30 de agosto unha nova cita do V Terrasón. Desta volta era o concerto do guitarrista Alber Solo, con melodías bluseras aliñadas con soul e rock n’ roll.

Artista curtido en todo tipo de escenarios, durante os últimos anos participou na vida de múltiples formacións rockeiras e as súas correspondentes xiras: Star Velvet Revolution, Angeles, Gansos Rosas…
Tamén compartiu escenario con grandes nomes como New York Dolls, Warrior Soul, Sebastian Bach, Michael Monroe, Imperial State Electric, Sex Museum…

Fotos cedidas.

Back to top button