Un remolque e un carro adornados con diversos elementos vexetais, entre eles flores, e tirados por un tractor percorría esta tarde de 8 de setembro Lubián. Ía seguido dunha numerosa comitiva formada polos veciños e pola música. Deste xeito cobraba vida novamente nesta localidade zamoranaon ancestral ritual do “Carro enfeitado”.
Encabezando a comitiva ía a Charanga Nova de Trives, habitual xa nesta festa, e tras o remolque e os carros (onde ían montados nenos e nenas), veciños e veciños vestidos cunha camiseta alusiva a esta tradición e cun pano vermello no pescozo. Entre elas estaba o alcalde de Lubián, Felipe Lubián.

Esta singular procesión festiva partía arredor das seis tarde das proximidades da igrexa, logo dun xantar popular. De cando en cando facíanse paradas nas que a veciñanza aproveitaba para botar bailes seguindo o animado ritmo da charanga.
Fotos e vídeos: O SIL.
