Precintado e pechado ao público está nestes momentos o parque infantil situado nos xardíns da Casa Grande de Viloira (O Barco), en cuxo entorno caia unha longa vara, duns 12 m de longo, segundo os veciños, que ademais danaba unha das farolas do lugar. Non é esta a primeira vez que acontece neste parque unha situación similar debido á caída de ramas.
