ConcellosO BarcoÚltima hora

Continúan as concentracións de apoio a Palestina no Barco

Era unha das 31 localidades galegas nas que esta tarde se celebraban actos de apoio ao pobo palestino

 

Con versos de Modesto Fraga, en concreto o poema “Amor e dignidade”, iniciábase a concentración de apoio ao pobo palestino que se celebraba ás 20h. desta tarde de 16 de setembro na praza do Concello do Barco. A esa poesía poñíalle voz Aurora e, deseguido, dábase paso á xa habitual lectura do manifesto que elabora a Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina e que era lido nesta ocasión pola Iris Gey.

No texto lembrábase que o pobo galego leva mobilizándose a favor de Palestina na rúa dende hai case un ano, e asegurábase que a “solidariedade non é un delito e que a resistencia é un dereito”, ademais de criticar a postura do goberno español antes este conflito internacional e tamén a da Unión Europea.

 

 

O Barco era unha das 31 localidades galegas que acollía concentracións deste tipo nesta tarde. No caso da provincia de Ourense tamén se celebraban este tipo de actos reivindicativos en Allariz, O Carballiño, Ourense e Ribadavia. Durante o acto, Manuel Agra, anunciaba continuarán as concentracións no Barco e que está prevista unha gran manifestación o vindeiro 6 de outubro en Santiago de Compostela.

Fotos: O SIL.

Back to top button