SanidadeÚltima hora

A VII Carreira e Andaina contra o cancro de páncreas de Vilamartín será o 27 de outubro

Imaxe da pasada edición deste evento benéfico./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Xa ten data a sétima edición da Carreira e Andaina das Cidades contra o cancro de páncreas de Vilamartín, que promove Acapaval (Asociación contra o Cancro de Páncreas de Valdeorras). Tal e como figura no calendario de carreiras populares da Federación Galega de Atletismo, esta cita benéfica e deportiva está prevista para o domingo 27 de outubro en Vilamartín de Valdeorras. As súas inscricións non están abertas, polo de agora, na páxina web da federación.

 

Back to top button