
Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río), vén de dirixir o novo videoclip do cuarteto de corda Valencia, que leva por título “SWAY”. Esta formación está integrada por catro mulleres valencianas (Paloma Castellar Escamilla ao Violín I, Lola Bendicho Cardells ao Violín II, Mara Ponce Ballester á Viola e Teresa Alamá Izquierdo ao Violonchelo) de formación clásica, pero cun gran espírito innovador.
O cuarteto propúxose romper todos os moldes e para iso apostou por un videoclip innovador e transgresor para o lanzamento do seu primeiro álbum chamado 4Pop, que foi producido por Strömmar, empresa líder en crecemento dixital e empoderamento de artistas.
“SWAY” é unha produción de MEZZOFORTE 111 (Amanece, Amor de Madre, A espada de Mouruás). Para a indumentaria contaron coa deseñadora de vestiario de cinema e televisión Ana Bernal, que creou un vestiario “contemporáneo con referencias ao estilo boho-elegante, aire romántico Parisiense, unha chiscadela ao estilo pin-up dos anos 50 e un toque de fantasía”.
A posproducción do videoclip levouse a cabo na empresa de posproducción cinematográfica VivaVisión. Toda unha ruptura co estilo clásico para lanzar este novo disco cuxa xira levaralles a Miami e aos seus integrantes á Gala dos Premios Grammy.
O videoclip estará dispoñible o próximo do 27 de setembro na canle de Youtube de MEZZOFORTE 111 e no do propio Cuarteto de Corda Valencia (CCV). O disco ao que pertence este tema, 4Pop, estará dispoñible ese mesmo día en todas as plataformas dixitais e foi producido por José Domenech (Strommar).