EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeosViticultura

Viño, gastronomía e música toman Punxeiro (Viana) na XVI Festa da Vendima

Numerosas persoas sumábanse na tarde e noite deste 12 de outubro a esta animada ruta por 15 adegas, desfrutando e brancos e tintos e de deliciosos petiscos

 

A música, ben aderezada coa gastronomía e o viño novo (branco e tinto) convertíase en protagonista nesta tarde-noite en Punxeiro. A veciñanza desta aldea vianesa volcábase na celebración da XVI Festa da Vendima-Ruta das Adegas, que comezaba a partir das 19h. deste sábado 12 de outubro. Numerosas persoas dábanse cita nesta singular celebración que rende homenaxe ao viño novo e que está promovida pola Comisión de festas de Punxeiro coa colaboración do Centro de Animación da localidade, así como co apoio doutras entidades como o Cocenllo de Viana do Bolo.

 

 

O punto de partida desta ruta festiva e gastronómica era a praza. Un representante da comisión, Julio, agradecía á numerosa participación, así como o respaldo das empresas que fan posible este evento, do Concello e tamén recoñecía dos adegueiros e membros da organización. Despois tomaba a palabra outro membro da organización e o pedáneo de Punxeiro, quen animaba aos asistentes a desfrutar dos viños e da diversas propostas gastronómicas.

 

 

A partir de aí, soaba a música das tres charangas (Nova de Trives, Sorcha e BBB) que se dirixían ás tres primeiras adegas do percorrido (un total de 15), mentres comezaban a saír as bandexas con multitude de petiscos (chourizos, ovos recheos, empanada, embutidos…) e a servirse viño branco e tinto nas cuncas.

 

 

Despois, a festa continuará ata ben entrada a madrugada ao ritmo da orquestra La Ocaband e La Banda de Ayer.

 

 

A organización contaba coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil de Viana do Bolo, Manzaneda, O Bolo e A Gudiña, que organizaban a circulación do tráfico na localidade e velaban pola seguridade.

Fotos e vídeos: O SIL.

Back to top button