
Como xesto de sensibilización sobre a morte e o duelo xestacional e neonatal, na xornada na que se conmemora o Día Internacional da Morte Perinatal, o Concello Vello do Barco iluminábase coas cores rosa e azul na tardiña e noite do 15 de outubro.
“A finalidade de proxecto é concienciar sobre a morte perinatal, recoñecer o significado da perda dun bebé e diminuír o estigma e tabú que, a miúdo, obriga ás nais e pais a vivir o duelo en silencio e sen o apoio adecuado”, indican dende o Concello do Barco.