ConcellosO BarcoÚltima hora

A cafetería do Casino do Barco reabrirá o vindeiro martes 22 de outubro

 

Recuperar a actividade o antes posible, pero mantendo a seguridade, era un dos obxectivos do equipo directivo do Casino do Barco, tras o incendio que destruía o terceiro andar e a cuberta do edificio no que está a súa sede na madrugada do pasado 11 de setembro. E o seu esforzo está dando resultados, de feito, apenas un mes despois do suceso, o presidente desta entidade, Pablo Dobao, vén de anunciar que o vindeiro martes 22 de outubro reabrirá a cafetería do Casino en horario habitual, a partir das 15h.

“Inicialmente valoramos abrir este venres, e témolo todo preparado, pero preferimos ir pouco a pouco quentando motores, comprobando que todo funciona ben e que se pode reabrir con total garantía, tanto en cuestións de seguridade, como para que todo funcione como ten que ser”, explica Pablo Dobao. Este anuncio seralles comunicado aos socios do Casino do Barco en breve a través dunha carta por correo electrónico.

 

Back to top button