ConcellosO BarcoÚltima hora

A celebración de Todos os Santos no Barco será o 1 de novembro ás 16:30h. no cemiterio

O sacerdote Jesús Álvarez adianta tamén as horas dos cultos no Castro, Xagoaza e A Proba

Celebración de Todos os Santos nun anterior no cemiterio do Barco.

 

Ante a cercanía da celebración da data de Todos os Santos, o vindeiro 1 de novembro, neste días a veciñanza afánase en preparar e adornar con flores os panteóns dos seus seres queridos nos cemiterios da provincia, entre eles o do Barco.

Así, no cemiterio Barco a celebración relixiosa do 1 de novembro será ás 16:30h. segundo vén de anunciar seu párroco, Jesús Álvarez. Ademais no caso do cemiterio do Castro-Outarelo a misa será ás 10h, ás 11h. en Xagoaza e ás 12h. no cementerio da Proba e Veigamuíños. “En caso de choiva, avisaríase e os cultos serían a esa mesma hora, pero nas igrexas, pero nun principio realizaranse nos cemiterio”, adianta o sacerdote.

Back to top button