ConcellosParada de SilÚltima hora

A XVII Andaina da Castaña e un magosto, entre as citas desta fin de semana en Parada de Sil

Imaxe da anterior edición da Andaina da Castaña./ Cedida.

 

O vindeiro sábado 26 de outubro terá lugar a XVII edición da Andaina da Castaña e a Andaina para cativos, que posúen un alto valor etnográfico xa que se lles explican elementos patrimoniais como airas da malla, lavadoiros, confección do xabón de lavar, entre outras cuestións. Estas andainas serán organizadas polo Club de Montaña Ribeira Sacra en colaboración co Concello de Parada de Sil.

Agárdase unha importante asistencia e dende o Concello anímase ao público a desprazarse ata Parada de Sil para contemplar a espectacular paisaxe que amosan os viñedos en bancais e, logo, pola tarde poden asistir ó magosto onde poderán repor forzas e seguramente disfrutar do primeiro destas celebracións que renden homenaxe á castaña en Ourense e o primeiro dos distintos que se celebran no concello.

 

 

Os máis madrugadores nese senso son os membros da Asociación Cultural Ouro do Sil que este próximo sábado celebrará un magosto en colaboración co Concello. “Terá lugar na nave da castaña polo que estas non deben escasear”, din os organizadores, a quen o alcalde Aquilino Domínguez agradece o seu esforzo, “que contribúe ao dinamismo deste concello”.

O menú consistirá en empanada, carne ao caldeiro, bica de Parada de Sil e castañas asadas. Todo isto regado con viño da Ribeira Sacra e logo terá lugar a actuación musical do dúoA XVII Arco Iris. Como non podía ser de outra maneira tamén se degustará licor café da contorna.

Back to top button