
Despois do incendio ocorrido na aldea de Requián (Parada de Sil), que afectou moi gravemente ás casas de dous veciños e de xeito importante a outras dúas casas, o Concello de Parada de Sil e, no seu nome, o alcalde, Aquilino Domínguez vén de abrir unha conta solidaria para recadar fondos para este cuestión.
A conta é IBAN ES82 2080 0444 9531 1000 0096 na oficina de Abanca de Parada de Sil e o alcalde agarda que non só a veciñanza de Parada de Sil senón persoas de de outros lugares así como entidades fagan unha apartación solidaria cos afectados.
Permanecerá aberta ata o día 15 de xaneiro e agardase que o espírito navideño tamén se vexa reflectido nesta actuación.
Fotos cedidas.
