ConcellosO BarcoÚltima hora

Cortes na estrada N-536 para arranxar unha avaría na rede da traída de auga do Barco

Hoxe martes e mañá mércores vaise cortar a estrada N-536 de 13 h a 17 h. Mañá mércores, posiblemente se volva a cortar de 19h. en adiante ata rematar a reparación, segundo informa o Concello do Barco

Estrada N-536./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

Hai uns días producíase unha avaría na rede de traída de auga do Barco, nun punto entre O Barco e Sobradelo, na conexión entre a captación do Candís e o depósito de Viloira. “A avaría só afectou ao núcleo de Coedo, que toma a súa auga directamente da tubaxe avariada. Nestes días proporcionóuselle auga en garrafas, e hoxe pola tarde encherase o depósito cun camión cisterna, repetindo o enchido as veces que fagan falta ata rematar a reparación”, informa o Concello do Barco.

Respecto á reparación da avaría, o Concello di que “xa se está traballando nela, e hoxe martes e mañá mércores vaise cortar a estrada N-536 de 13 h a 17 h. Mañá mércores, posiblemente se volva a cortar de 19h. en adiante ata rematar a reparación, deixando de 17h. a 19h. o paso aberto para que poidan circular os vehículos que baixan das canteiras”.

Back to top button