
A vila de Viana do Bolo acollía novamente unha concentración de apoio a Palestina na noitiña do 4 de novembro, no marco das mobilizacións convocadas onte pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina, nunha trintena de localidades desta comunidade. A mobilización tiña lugar na praza Maior da vila, onde tamén se procedía á lectura dun manifesto.