
“Pediatras xa”. Era o berro que volvía escoitarse unha mañá máis, e van xa catro consecutivas, no Barco. Ás 9:15h. deste venres 15 de novembro celebrábase unha nova concentración convocada por un colectivo de mais e pais do municipio para pedir que se cubran as prazas de pediatría do Centro de Saúde do Barco. Esta vez a concentración desenvolvíase xunto ao CEIP Condesa de Fenosa.
Fotos cedidas.
