EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Curso de escaparatismo para asociados ao Barco CCA, na Casa Grande de Viloira

A apertura desta acción formativa contaba coa presenza do director xeral de Comercio

 

Na Casa Grande de Viloira (O Barco) poñíase en marcha ás 10h. deste domingo 17 de novembro un curso de escaparatismo, organizado polo Centro Comercial Aberto OBarco, en colaboración coa Xunta de Galicia, e dirixido os seus asociados. A apertura desta acción formativa contaba coa asistencia do director xeral de Comercio, Gabriel Alén.

O curso está sendo impartido por Kike Corbacho, con máis de 20 anos de experiencia e con distintos premios a nivel nacional.

 

 

Na parte de redes sociais cóntase con Stefany Zerpa especializada en márketing dixital docente de fotografía. Para dar a benvida e agradecer a participación e colaboración de todos estará presente de director xeral de Comercio, Gabriel Alén Castro.

Esta acción formativa desenvolverase ata as 14 horas e está financiado integramente pola Xunta de Galicia.

Fotos e vídeo: O SIL.

Back to top button