ConcellosQuirogaÚltima hora

Falece un condutor ao caer co seu coche por un terraplén no municipio de Quiroga

 

Unha persoa perdía a vida ao saírse da vía o vehículo que conducía e caer por un terraplén duns 80 metros na parroquia de Vilarmel (Quiroga). “Foi un particular o que alertou ao 112 Galicia ás 14:30h. deste 17 de novembro do accidente mortal. Nesta primeira chamada, o alertante xa indicaba que o condutor podería estar falecido”, informa o 112 Galicia.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia solicitouse a intervención do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, “os cales decidiron mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto, aínda que, desgraciadamente, nada se puido facer pola vida da persoa”, indica o 112 Galicia.

A maiores, tamén se alertou aos Bombeiros de de Monforte, ao GES de Quiroga, aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.

Back to top button