
Entre as localidades galegas que esta tarde celebraban concentracións de apoio a Palestina estaba Viana do Bolo. A partir das 20h. a praza da vila acollía este acto reivindicativo, convocado pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina, en máis dunha trintena de localidades desta comunidade.
Ademais de portar unha pancarta co lema “Paremos o xenocidio. Galiza con Palestina”, os participantes procedían á lectura dun manifesto elaborado pola mesma coordinadora.