
O vindeiro luns 27 de novembro, ás 17:30h, a Asociación de Nai a Nai organizará unha charla informativa online sobre o inicio da alimentación complementaria e o método Baby-Led Weaning (BLW). A sesión será impartida por Alicia García Rodríguez, nai con ampla experiencia en alimentación autorregulada. O evento realizarase de maneira virtual a través da plataforma Zoom. Para asistir, é necesario inscribirse enviando un correo a denaianai@gmail.com.
“O obxectivo desta charla é proporcionar aos pais e nais información crave para empezar a alimentación complementaria cos seus bebés, facendo fincapé no método BLW, unha práctica que fomenta a autonomía e o desenvolvemento motor dos máis pequenos, permitíndolles explorar e autorregular a súa propia inxesta de alimentos. Durante a sesión, ofreceranse consellos útiles e abordaranse as dúbidas máis comúns dos participantes”, tal e como adianta a presidenta de De Nai a Nai, Lorena Prada.