EconomíaPizarraÚltima horaViticultura

Un total de 19 colocadores, recoñecidos nos I Premios Pioneiros da Lousa

A gala de entrega desta iniciativa promovida polo Clúster da Pizarra de Galicia tiña lugar este mediodía en Vilamartín

 

Aos colocadores estaba dedicado un dos apartados do I Premio Pioneiros da Lousa, un evento promovido polo Clúster da Pizarra de Galicia e que se celebraba este mediodía no Complexo Hostaleiro Paladium de Vilamartín.

Así, outorgábanse diplomas a 19 colocadores da lousa que eran entregados polo presidente do Clúster, Víctor Cobo; e polos seus dous vicepresidentes, Daniel León e Jesús Vidal. Os premiados, que recollían eles mesmos a distinción ou ben os seus familiares, eran Ramón Prada, José Arias, Manuel Arias, Hermenegildo Barros, José Barros, Amadeo Barros, Félix Barros, Mario García León, Manuel García, Antonio García, Mario García Oviedo, Héctor Díaz e Jaime Arias, Carlos López, Juan Arias, Enrique Arias, Cristóbal Rodríguez, Valentín Rodríguez e Francisco Blanco.

Fotos: O SIL.

Máis información e fotos

Entréganse os I Premios Pioneiros da Lousa, un recoñecemento á orixe dun sector galego que hoxe é líder mundial

Back to top button