CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A CHMS visita a Reserva Natural Fluvial Ribeira Grande (Vilariño de Conso) co alumnado do IES Cidade de Antioquia de Xinzo

Nesta actividade de educación ambiental dábase conta do alto valor ecolóxico deste leito con escasa ou nula intervención humana e en moi bo estado ecolóxico

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) vén de organizar unha xornada de Educación Ambiental co alumnado de FP de Xestión Forestal e Do Medio Natural do IES Cidade de Antioquia, Xinzo de Limia na Reserva Natural Fluvial del Río Ribeira Grande (Vilariño de Conso- Ourense).

Esta actividade forma parte da programación de Educación Ambiental nas RNFs, que promove o MITECO, a través da CHMS, para dar a coñecer e resaltar o valor destas figuras de protección, fundamentais para preservar os tramos de ríos que se conservan moi naturais, entendendo que a declaración como RNF contribúe á conservación e mellora do estado ecolóxico do leito. Na demarcación do Miño Sil están declaradas 10 RNF, ademais de 2 Reservas Subterráneas e 1 Reserva Lacustre.

Tras as presentacións iniciais e a entrega de material (mochila, caderno de campo, gorro e botella de auga reutilizable), os 22 alumnos e 2 profesores encamiñáronse ao momento de encontro previsto.

Despois dun roteiro a pé de 1Km, percorreuse unha parte da Ruta das Troitas pola marxe esquerda do Rego da Ribeira Grande, ata chegar á zona da antiga piscifactoría de troitas. Durante o interesante traxecto fóronse identificando as distintas especies arbóreas e arbustivas do camiño, previo á explicación detallada do conxunto de actuacións que levaron a cabo dentro do Encargo de Reservas Naturais Fluviais con financiamento do MITECO entre 2020 e 2022, que consistiron na eliminación dun represa e a antiga piscifactoría de Ribeira Grande.

Un dos talleres consistiu nunha mesa de traballo de macroinvertebrados e análise fisicoquímica, onde os asistentes puideron comprobar a biodiversidade de larvas de insectos e as súas particularidades como bioindicadores do estado ecolóxico do río, así como realizar diferentes medidas de pH, temperatura ou osíxeno disolto na auga.

Noutro dos talleres aprenderon a diferenciar as diversas especies arbóreas e arbustivas da RNF, a través dun xogo de recoñecemento de tipos de follas. Ademais, incidiuse na importancia da vexetación de ribeira, as súas funcións e o seu bo funcionamento como protector da calidade da auga do río.

Como colofón a esta visita e despois da comida, deuse conta das actuacións de Restauración Hidrolóxico-Forestal que levaron a cabo por parte da CHMS en 2022 tras o devastador incendio que afectou a gran parte do Parque Natural do Invernadoiro e en concreto á cabeceira da RNF Ribeira Grande.

Back to top button