ConcellosO BarcoÚltima hora

A Casa Consistorial do Barco tínguese de violeta polo 25N

 

Con motivo da celebración o vindeiro 25 de novembro do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a fachada da Concello Vello do Barco tinguíase esta tarde de 22 de novembro de cor violeta. É unhas das iniciativas que formar parte do programa de actos organizados polo Concello con motivo da citada data, cuxo central será o luns, día 25 de novembro ás 12 horas na praza do Concello.

Neste céntrico lugar da vila terá lugar unha concentración de repulsa en contra da violencia de xénero con lectura de manifestos por parte de representantes dos institutos do Barco: Martaguisela e Lauro Olmo e do Colexio Divina Pastora; actuación musical de alumnos do Conservatorio do Barco; e lectura de manifesto institucional do Concello.

Fotos: O SIL.

Back to top button