CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Xermán Ancochea de Trives canta e alza a voz contra a violencia machista neste e todos os 25N

 

Coa lectura dun manifesto feiro polo alumnado e a interpretación do tema Lux de Alba Reche, conmemoraban o 25N no IES Xermán Ancochea da Pobra de Trives.

Os actos tiñan lugar na mañá deste luns 25 de novembro na biblioteca do centro escolar onde tamén lembran o traballo da Oca feito polo alumnado de 1º de Bacharelato con iconas feministas.

 

 

Manifesto:
Cun panorama crecente de negacionismo e apatía respecto das violencias baseadas no xénero, a realidade golpea. A comezos deste mes de novembro o dato oficial de feminicidios en España (onde só se inclúen os crimes perpetrados por parella ou exparella) ascende a 40 mulleres. É importante non esquecer que detrás de cada número hai unha vida que se viu arrebatada con consecuencias devastadoras para os seus seres queridos. En realidade, as consecuencias son terribles para a sociedade no seu conxunto, sen embargo, parte dela, amósase impasible, apática e apenas combativa co machismo. Acostumarse a este tipo de noticias é deixar escapar parte desa humanidade que nos debería caracterizar.

O asasinato é a consecuencia máis extrema do sistema patriarcal, pero non é a única forma de violencia.

Cremos fundamental o coñecemento baseado na evidencia e en datos rigorosos. Porque como afirma Júlia Salander, “dato mata relato”.

Queremos que se nos deixe de cuestionar e culpar. Grazas, entre outras, a Gisele Pelicot, dicimos ben alto que a vergoña debe cambiar de bando.

Queremos que o sistema xudicial non nos revictimice.

Queremos e necesitamos o compromiso activo de todas e todos. Si, tamén de todos.

Queremos que a voz das mulleres sexa escoitada en todas as partes do mundo (si, tamén en Afganistán onde ata ese dereito se lle nega) e que non se vulneren os noso dereitos de maneira sistemática.

Queremos moitos cambios, pero sobretodo, queremos que nun futuro o 25 N sexa unha data a recordar nos libros de historia e na que xa non haxa nada que reivindicar porque a igualdade real foi conseguida.

Mentres tanto, estamos convencidas e convencidos de que a educación é a nosa mellor ferramenta para conseguilo!

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button