CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Concello de Trives conmemora o 25N con actos reivindicativos e educativos

 

Neste 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello da Pobra de Trives celebraba unha xornada cargada de actividades para visibilizar e concienciar sobre esta problemática social.

No acto institucional, procedeuse á lectura dun manifesto en repulsa á violencia machista, seguido dun emotivo minuto de silencio en memoria das vítimas. Ademais, inaugurouse unha exposición que recolle os traballos do taller “Coséndome a min mesma”, de autocoñecemento e coidado que se levou a cabo a semana pasada en Trives.

Como parte da programación, tamén se levou a cabo un “Pasapalabra” educativo no que participou o alumnado de 4º da ESO do instituto local, promovendo valores de igualdade e sensibilización a través do xogo.

Con estas accións, o Concello reafirma o seu compromiso na loita pola igualdade de xénero e a erradicación da violencia contra as mulleres.

Fotos cedidas.

Back to top button