EconomíaEconomíaÚltima hora

O Mercadiño de Nadal de Rubiá, en imaxes

 

Dentro das numerosas actividades promovidas polo Concello de Rubiá nesta ponte de decembro figuraba o Mercadiño de Nadal, que se desenvolvía os días 7 e 8 de decembro na praza do Concello. Multitude de persoas percorría os máis de vinte de postos de diversidade de produtos (dende queixos, meles, bicas ou licores ata artesanía de diferente tipo e mesmo libros).

Ademais da exposición e venda de produtos os visitantes podía gozar na tardiña do sábado dunha chocolatada compañada de biscoitos e palmeiras e na do domingo dun magosto.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button