ConcellosO BarcoÚltima hora

Ábrese o prazo de inscrición para os obradoiros de arte floral de Nadal, no Barco

Está previsto que se celebren os días 17 e 18 de decembro, de 20h. a 21h

 

Mañá ábrese o prazo para a inscrición nos dous obradoiros arte floral de Nadal que promove o Concello do Barco. Así, desde mañá, xoves 12 de decembro, estará aberta a inscrición para participar nestas actividades, que se celebrarán os días 17 e 18 de decembro, de 20h. a 21h.

As prazas son limitadas para cada un dous días, e as inscricións poden realizarse de xeito presencial na oficina de turismo do Barco (ao carón da praza de Abastos), e tamén no correo electrónico infoturismo@concellodobarco.org, e no teléfono 604076918.

Os obradoiros, con inscrición de balde, celebraranse na Sala de Exposicións de Abanca situada na Praza do Príncipe, e serán impartidos por Adela Domenech, de “Más y Más Plantas”, e Yerlin Borjas.

Back to top button