
O Museo de Belas Artes de Bilbao acollía na tarde do 11 de decembro o concerto de Nadal “Las Voces del Arte”. Unha das voces da que podían desfrutar os asistentes era a do barquense Mauro Docampo Gacio, que ao mesmo tempo que estuda Belas Artes na Universidade Pública do Vasco, no campus de Leioa, non abandonou a música.

Así, a finais do pasado curso entraba na Sociedad Coral de Bilbao e ten participado con ela nalgúns eventos. A súa última actuación era no devandito concerto de Nadal, cun repertorio de 20 pezas, no que cantaba como solista, xunto a outros alumnos. Entre os temas que interpretaba estaban “Notte e giorno faticar” de Mozart e “Già il sole dal Gange” (Scarlatti).
Nestes dous vídeos pode verse dúas das pezas que cantou.
Imaxes e vídeos cedidos.