ConcellosO BarcoÚltima hora

Continúan as concentracións de apoio a Palestina no Barco

 

“A nosa loita, a que alimenta os centenares de convocatorias que levamos feito nos últimos meses, é unha loita solidaria. Unha loita por non deixar de falar nunca da Palestina. Mais tamén é unha loita antiimperialista, unha loita pola humanidade toda. Porque o imperialismo se impón, os pobos perden a súa soberanía e, a miúdo, como neste caso, tamén a vida. Non podemos nin queremos desligar unha loita da outra, porque son a cara e a coroa da mesma moeda”. Deste xeito concluía o manifesto que se lía na concentración de apoio a Palestina que se celebraba ás 20h. do 16 de decembro na praza do Concello do Barco, non sen antes incidir en que: “Nós, galegos e galegas, coa Palestina libre e sen ocupación”.

Era unha das máis de trinta concentracións convocadas pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina, que, a esa mesma hora, tiñan lugar en diferentes partes de Galicia, entre elas Viana do Bolo, Manzaneda, Allariz, Verín ou Ribadavia.

Fotos cedidas.

Back to top button