Cun agasallo moi especial sorprendía Pedro Pérez, xoieiro natural de Vilanova (Trives) e residente en Barcelona, aos seus veciños da comarca trivesa.
Trátase dun vídeo promocional co que felicita o Nadal, que serve de presentación dun espectacular anel coa marca que bautizou como ‘Bibei’, inspirado na Ponte Bibei. “Noraboa pola creación artística e grazas pola referencia á nosa vila, berce de grandes artistas”, aseguran dende o Concello da Pobra de Trives, sabedores de que “é unha xoia de incalculable valor, pero agora en dobre sentido, mesmo literalmente”.



