ConcellosPetínÚltima hora

O Mercadiño de Nadal de Petín abre as portas cunha trintena de postos

 

Dende as catro e media deste sábado 28 de decembro está aberto, no pavillón do Teleclub de Petín, o IV Mercadiño de Nadal no que participan uns 30 postos. Dende artesanía ata prendas de vestir, bixutería, decoración, agasallos, plantas, mel, artigos de segunda man ou antigüidades, todo un abano de posibilidades para facer eses agasallos de última hora. Sen esquecer a parte gastronómica, dende quixos, mel ou licores ata pizzas. Este ano ata hai un mini taller no que o xoieiro barquense Santiago Prada fai xoias en directo.

 

 

Pechando o mes e o ano, o mercadiño estará aberto hoxe ata as 22 horas e mañá, abrirá ininterrumpidamente dende as 11 da mañá ata as nove da nove da noite aproximadamente.

Fotos: Mónica G. Bellver

Back to top button