Preto xa do fin de ano, cunha semana de retraso con respecto á anterior edición, no mediodía deste sábado 28 de decembro celebrábase a XXII edición da Festa da Empanada de Costrelas, cita gastrómica organizada pola Asociación Sabugueiro, á que asistían unhas 300 persoas.

En torno ás 14 horas a carpa climatizada (pola que entraba un radiante sol) ubicada no campo de San Roque, na Rúa Vella, abría as portas para acoller aos comensais que degustaban un menú elaborado e servido por Mantesil a base de sopas de allo ben quentiñas, empanada de costelas adobadas e torta de roxóns, á parte de viño, café e licores.
A música corría un ano máis a cargo de disco show Danzalia que poñía son á entrada dos camareiros e despois facía bailar aos asistentes, a mellor forma de baixar a contuntende comida.

Fotos: O SIL.



