ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

1.500 persoas celebran o Fin de Ano na carpa do Campo da Festa, no Barco de Valdeorras

 

Obxectivo cumprido. Colgando o cartel de “non hai entradas” dous días antes, na madrugada do 1 de xaneiro, unha das máis xélidas do que vai de inverno, unhas 1.500 persoas celebraban o Fin de Ano na carpa instalada no Campo da Festa, no Malecón do Barco de Valdeorras.

 

 

Unha animada festa que comezaba a organizarse hai xa meses e que contou coa animación musica da Orquestra M-3 a primeira hora (dende as 00.30 horas) e despois da discomóbil Gramola e os Djs Dani Argü e Israel, ademais do cotillón e dun auténtico espectáculo de luces.

 

 

É a primeira vez que se celebra un evento destas características no Barco e dende a organización están moi satisfeitos coa resposta do público. “Foi unha pasada, a xente xenial sen ningún problema e moi bo ambiente toda a noite”, aseguran, recoñecendo que tiveron público de todas as idades e que pecharon as portas ás sete da mañá.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button