Os alumnos de quinto curso do colexio Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras gañaban na mañá do sábado día 7 de xuño o Concurso Intercomarcal “Menudos Sabios”, organizado polo centro comercial O Rosal de Ponferrada en colaboración coa Televisión autonómica de Castela-León.
No concurso participaron 24 colexios das comarcas do Bierzo, Laciana, Valdeorras e Maragatería, que foron enfrentándose entre sí, desenvolvéndose cinco eliminatorias ata chegar á final que se desputaba a comezos de xuño.
Na gran final enfrontáronse os colexios de San Antonio de Ponferrada e o Condesa de Fenosa do Barco, gañando este último cunha puntuación de 290 puntos fronte os 190 do primeiro.
Tal como explican dende o centro barquense, no concurso, que consta de tres fases, hai que demostrar os coñecementos de naturais, xeografía e historia, deportes, etc, así como a comprensión dun video e a capacidade para resolver un quebracabezas.
Como equipo gañador, os rapaces do Barco trouxeron para Valdeorras o premio de 1.000 euros para o colexio e moitos agasallos para os participantes.
Dende o centro, dan a “noraboa a estes pequenos sabios e aos seus mestres”.
Fotos: cedidas como CEIP Condesa Fenosa do Barco