ConcellosCulturaCulturaGalerías de fotosÚltima horaViana do Bolo

Os Reis Magos reúnense cos cativos de Viana do Bolo no pavillón, entre inchables e chocolate

 

 

Malia que as condicións meteorolóxicas impedían na tarde deste 5 de xaneiro a tradicional cabalgata polas rúas de Viana do Bolo, os Reis Magos, recén chegados de Oriente, non faltaban a súa cita anual na vila.  Sobre as 17h. chegaban ao pavillón polideportivo.

Eran recibidos polo alcalde vianés, Andrés Montesinos, e por dous sacerdotes (un deles o párroco de Viana) na pista. Ata alí acudían os nenos e nenas do municipio nerviosos e cheos de ilusión para velos de preto, saudalos e mesmo facerlles algunha que outra petición de última hora.

 

 

Ademais había inchables no polideportivo para os pequenos e unha  chocolatada para os asistentes. Na organización deste evento o Concello de Viana do Bolo contaba coa colaboración de Protección Civil de Viana.

Fotos e vídeos: O SIL.

 

 

Back to top button